CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE APARELLADORESE ARQUITECTOS TÉCNICOS E A FEGAMP, PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS EN CONCELLOS E DEPUTACIÓNS DE GALICIA, POR ARQUITECTOS TÉCNICOS.

O presente convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre as partes, de cara a unha axeitada programación, desenvolvemento e verificación de prácticas non laborais de Arquitectos Técnicos colexiados desempregados, en concellos e deputacións de Galicia.

OBXECTO DAS PRÁCTICAS

O obxecto das prácticas non laborais é o desenvolvemento por parte destes Arquitectos Técnicos, das tarefas axeitadas ao seu nivel de formación, que lles sirvan para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizadas, poidan dispoñer dunha perspectiva que lles permita a súa incorporación ao mundo laboral.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon TEXTO DO CONVENIO5.21 MB
Ficheiro ANEXO I60.4 KB
Ficheiro ANEXO II49.4 KB
Ficheiro ANEXO III40.39 KB
Ficheiro ANEXO IV63.99 KB