CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA E A FEGAMP PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS FORMATIVAS E DE DIFUSIÓN EN MATERIA DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E BO GOBERNO

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións xerais de colaboración entre o Consello Consultivo de Galicia e a FEGAMP para a organización e desenvolvemento de actuacións formativas e de difusión en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, destinadas ao persoal das entidades locais galegas, co fin de proporcionarlles ferramentas prácticas que faciliten a tramitación dos expedientes nestas materias, mediante o coñecemento da normativa aplicable e a difusión de criterios e boas prácticas comúns.

As actuacións concretas que se desenvolvan ao abeiro deste convenio marco poderán ser obxecto dos correspondentes instrumentos de desenvolvemento, nos que se concretarán as condicións específicas de cada actuación, incluíndo, se procede, os compromisos económicos e organizativos das partes.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio317.9 KB