CONVENIO DETECCIÓN SUPOSTOS VULNERABILIDADE POR LANZAMENTO DE VIVENDA FAMILIAR

Dende a Fegamp queremos incidir na conveniencia de que o seu concello se acolla ao convenio asinado entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e esta Federación Galega de Municipios e Provincias, en relación coa detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, derivado de execucións hipotecarias ou de impago de rendas.

Os procedemento e a documentación a remitir á Fegamp sería o seguinte :

  1. Modelo de adhesión debidamente cumprimentado.
  2. Datos da persoa ou persoas responsables dos servizos sociais do concello que serán as encargadas de levar a cabo os trámites establecidos no convenio (nome e apelidos, cargo/posto de traballo,  teléfono de contacto e enderezo electrónico directo co fin de facilitar as comunicacións entre administracións).

Descargas: