CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA E A FEGAMP PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA ADMINISTRACIÓN DIXITAL 2025-2028

O presente convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración para compartir plataformas, infraestructuras, recursos e servizos que contribúan ao desenvolvemento continuado dunha administración dixital, que permita unha maior aproximación á cidadanía e unha prestación máis eficiente dos servizos públicos.

Queda a disposición das entidades locais de Galicia (concellos e deputacións provinciais) as infraestruturas tecnolóxicas e servizos comúns que forman parte do Catálogo dos sistemas dixitais postos a dispor das administracións públicas, coa finalidade de racionalizar os esforzos no desenvolvemento de recursos neste ámbito.

Procedemento de adhesión e outra información de interese:https://www.eidolocal.gal/es/convenio-administracion-dixital

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Convenio5.04 MB