A finalidade do presente convenio é a colaboración mutua entre FEGAMP e a ANCS en beneficio do sector cultural e das Entidades locais de Galicia. Para o cumprimento de dita finalidade, a colaboración referida poderá materializarse, entre outras, mediante as seguintes accións:
- Organización de xornadas, seminarios, mesas redondas, talleres e cursos de formación, dirixidos a cargos e empregados públicos das Entidades locais da rexión relacionados coa xestión cultural innovadora e sostible asociada á actividade cultural local.
- Asesoramento e formación técnica ás Entidades locais en materia de cultura sostible.
- Posta a disposición das Entidades locais de Galicia de ferramentas tecnolóxicas innovadoras que posibiliten, de xeito universal, pública e gratuita, o traballo de edís, técnicos da administración local e xestores da área de cultura, para favorecer, de xeito eficiente e sostible, a contratación de eventos culturais de carácter profesional.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 1.34 MB |

Sede Electrónica