As partes asinantes acordan establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións dos Concellos e Deputacións Provinciais, así como para achegar os seus expertos para aquela parte da docencia teórico‐práctica especializada que fora precisa. Os Concellos e Deputacións Provinciais (en adiante entidades colaboradoras) deben subscribir o documento de adhesión a este convenio que se recolle como Anexo I, para poder participar como entidades colaboradoras.
Acordan establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións da FEGAMP ou das entidades colaboradoras, así como para achegar as súas persoas expertas para aquela parte da docencia teórico‐práctica especializada que fose precisa. As prácticas poderán ser:
‐ Curriculares, contempladas nos plans de estudo.
‐ Prácticas conducentes á elaboración dos Traballos fin de grao / Traballos fin de máster, segundo se contempla nos plans de estudo e demais normativa de aplicación.
‐ Extracurriculares, ou complementarias.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
TEXTO DO CONVENIO | 515.83 KB |
ANEXO I (editable) | 401 KB |
ANEXO I | 160.77 KB |
ANEXO II | 282.03 KB |
ANEXO II (editable) | 174.5 KB |
RESOLUCIÓN REITORAL DO 12/09/23 POLA QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE INCLUSIÓN NA SEGURIDADE SOCIAL E COTIZACIÓN DO ALUMNADO DA USC | 202.72 KB |
RESOLUCIÓN REITORAL 03/01/24 QUE MODIFICA A DO 12/09/23 POLA QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE INCLUSIÓN NA SEGURIDADE SOCIAL | 255.78 KB |
ADDENDA SEGURIDADE SOCIAL | 362.97 KB |