CONSULTA PÚBLICA SOBRE O PROXECTO DE ORDE MINISTERIAL PARA A EXENCIÓN DE AUTORIZACIÓN DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA

Data: 

luns, 24 Maio, 2021 (Todo o día) a xoves, 24 Xuño, 2021 (Todo o día)

 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pón ao dispor das administracións, organizacións, asociacións e demais persoas interesadas un documento informativo relativo a unha futura Orde ministerial pola que se aproben as normas xerais para a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria, conforme ao establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados, a efectos de solicitar a súa opinión.

Ademáis dos aspectos que cada entidade valore comentar, solicítase a opinión sobre as seguintes preguntas:

  •  Considera que a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria incentivaría a súa implantación a nivel local?
  •  Que cuestións considera prioritarias abordar no Proxecto de Orde Ministerial polo que se aproben as normas xerais para a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria?

 

enlightenedPódese acceder á documentación informativa e ao formulario de achegas aquí.  

enlightenedAs achegas faranse chegar ao enderezo de correo electrónico bzn-sug_residuos@miteco.es

enlightenedO prazo para remitir as achegas remata o 24 de xuño.

Descargas: