CONGRESO CONCELLOS 2030

Data: 

xoves, 29 Setembro, 2022 (Todo o día) a venres, 30 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

O Congreso “Concellos 2030” xurde coa intención de poder compartir información sobre a sustentabilidade entre técnicos e responsables das administracións locais e empresas ligadas á xestión dos recursos públicos.

Esta edición está organizada polo Concello de Carballo e Gestagua, coa colaboración da Fegamp e de Urbaser, e os temas escollidos para tratar son:

  • O CICLO DA AUGA
  • O AFORRO ENERXÉTICO
  • A XESTIÓN DOS RESIDUOS
  • A MOBILIDADE URBANA

A través de conferencias e visitas guiadas, os asistentes poderán profundizar nestes temas así como coñecer de primeira man casos prácticos. 

 

CANDO: 29 e 30 de setembro

ONDE: Fórum Carballo. Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. 15100 - Carballo (Ver localización)

CONSULTE AQUÍ O PROGRAMA

FORMULARIO DE INSCRICIÓNS    

Para máis información poderán contactar coa Secretaría Técnica en: congreso@concellos2030.gal ou no 618 004 110.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa Congreso Concellos 20301.76 MB