CONCURSO DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA MARÍA MOLINER EN MUNICIPIOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES CORRESPONDENTE AO ANO 2022. PRAZO: 29-03-2022

Data: 

mércores, 9 Marzo, 2022 (Todo o día) a martes, 29 Marzo, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Orde do 3 de marzo de 2022 pola que se convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes correspondente ao ano 2022. BDNS (Identif.): 613542.

Finalidade

Incentivar as accións de animación á lectura dirixidas a todos os veciños, con especial atención a colectivos con dificultades para o acceso á lectura, en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma respectiva e realizadas por bibliotecas públicas de municipios con menos de 50.000 habitantes.

O concurso consistirá na entrega dun máximo de 370 premios en metálico, por un importe individual de 2.777,77 ou 10.000 euros (só para os dez proxectos que reciban mellor puntuación), que deberán destinarse integramente á biblioteca municipal de cada localidade.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas do Ministerio de Cultura en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Poderán acceder á devandita convocatoria aqueles concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública a cargo da cal haxa persoal.

Importe

O importe máximo para esta obrigación será de 1.100.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

 

 

Descargas: