Concluíu o II Congreso de Medio Ambiente e Saúde celebrado a pasada semana na Coruña



A Fundación Caixa Galicia de A Coruña acolleu ao longo de toda esta semana o XXXVII Curso de Saúde Ambiental - II Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde. Cita que se converteu desde a súa inauguración en referencia ambiental e punto de encontro para 246 ambientalistas e 75 expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional.

Enmarcada no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostíbeis 2000-2008, iniciativa pioneira en España, dirixida polo Profesor Francisco Peña baixo o mecenado da Obra Social Caixa Galicia e a Fegamp, e con colaboración da dirección xeral da Consellería de Sanidade, está contribuíndo a sentar as bases para o desenvolvemento sostible de Galicia, coa participación activa de 212 concellos e 3.500 ambientalistas ata a data.

Nesta ocasión, como en anteriores, cabe destac