Data:
xoves, 23 Novembro, 2023 (Todo o día)
Durante o día 23 de novembro, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Vigo, celebrarase unha xornada de formación sobre comunidades enerxéticas.
Organizada polo Observatorio Eólico de Galicia, conta co apoio da propia Universidade de Vigo, do proxecto EC4RURAL e do Centro de Investigación Interuniversitario dás Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Máis información OBSERVATORIO EÓLICO DE GALICIA.
Para asistir ao seminario é necesaria unha inscrición previa a través DESTE FORMULARIO. A asistencia é gratuíta ata completar aforo. Usaranse de forma indiferente o galego e o español, sen tradución simultánea.