A Comisión lanza o Consello Europeo de Innovación con convocatorias abertas durante todo o 2021

Data: 

martes, 25 Maio, 2021 (Todo o día)

O Consello Europeo de Innovación (EIC) acaba de botar a andar logo de tres anos en fase piloto. Con esta iniciativa, que conta cunha partida de dez mil millóns de euros para o período 2021-20127, preténdese obter un retorno do diñeiro invertido en Innovación creando novas empresas e produtos e impulsando así a competitividade do mercado europeo.

De aquí a 2027 póñense a disposición, dentro do EIC, tres instrumentos que permitirán financiar proxectos tecnolóxicos que se atopan en distintas fases de maduración:

Ø PATHFIDER: Esta ferramenta apoia tecnoloxías con visión de futuro que poden provocar un cambio importante na vida dos cidadáns, atendendo a desafíos globais. Ademais, permite validar a base científica dunha futura tecnoloxía.  TRL 1-5.

 Para participar na Pathfinder Open Call débese enviar a solicitude antes do 19 de maio. A proposta debe ser presentada por un consorcio que inclúa, cando menos, tres entidades legais independentes, de distintos estados membros ou países asociados. Todo tipo de entidades son elixibles e estas recibirán unha subvención RIA para custos elixibles que van ata os 3 millóns de euros.

 Ademais desta convocatoria, neste apartado atopamos os Retos do Pathfinder. Trátase doutra oportunidade de financiamento para abordar desafíos ou brechas tecnolóxicas específicas. Apunta a construír novas direccións de vangarda na ciencia e na tecnoloxía. TRL 2-4. Os retos son os seguintes:

 -          Conciencia interior (idea de conciencia na Intelixencia Artificial)

-          Ferramentas para medir e estimular o tecido cerebral

-          Tecnoloxía emerxente en células e terapia xenética

-          Novas formas de produción de hidróxeno verde

-          Materiais vivos deseñados

A convocatoria dos retos do Pathfinder abre o o 15 de xuño e pecha o 27 de outubro e nela poden participar consorcios ou entidades únicas. O presuposto ascende a 4 millóns por proposta.

 Ø TRANSITION: Este instrumento está orientado a tecnoloxías que están en plena  maduración, que van desde a fase da proba de concepto ata a validación. Este instrumento facilita a preparación comercial e de mercado e conta con axudas de ata 2,5 millóns por proxecto.

Os beneficiarios desta convocatoria poden ser entidades únicas (non grandes empresas) ou pequenos consorcios (2-5 participantes). Está dirixido a empresarios, PEMEs, spinoffs, universidades...

Os proxectos poden estar nunha fase de transición á tecnoloxía (TRL 3-5 ou 6), en transición ao mercado ou en transición a converterse nunha empresa. O prazo para presentar a solicitude abre o 15 de abril e pecha o 22 de setembro.

Por outra banda, no Transition atopamos outra convocatoria relacionada con dous retos:

-          Enerxía: tecnoloxías de captación e almacenamento como o almacenamento de enerxía solar e xeotérmica.

-          Tecnoloxía e dispositivos médicos: proxectos que poden ser o prototipo dunha tecnoloxía médica (TRL 3-4) e que resultará nunha versión funcional da mesma (TRL 5-6) apoiada cunha estratexia de comercialización.

 Ø ACCELERATOR: Por último o accelerator pretende desenvolver e ampliar innovacións rompedoras e deep-tech por parte das PEMEs e as startups. Conta cun financiamento combinado que inclúe subvencións de ata 2,5 millóns e inversións de capital de ata 15 millóns. Está orientado a aquelas innovacións que necesitan financiamento a longo prazo e son moi arriscadas para os inversores privados por si sos. O Accelerator é o antigo instrumento SME.

tipo de financiamento que se pode recibir é o seguinte:

1.      Subvención e investimento:  Desenvolvemento dunha TRL 5/6 a 8 ou scale up TRL 9.

2.      Primeira subvención: Cando a innovación aínda precisa dun importante traballo de validación para demostrar o seu potencial comercial.

3.      Subvención única: Cando o proxecto xa conta con suficiente financiamento para ser desenvolvido.

4.      Inversión única: Cando non se necesita subvención e só se busca conseguir financiamento para escalar de maneira rápida.

Accelerator conta cunha convocatoria aberta de maneira continua que estará dispoñible despois do 9 de abril.

Por outra banda, ao igual que no Pathfinder e no Transition, o Acelerador conta con outra oportunidade de financiamento relacionada con dous retos:

-          Tecnoloxías dixitais e de estratexia de saúde.

-          Pacto Verde para a recuperación económica

A convocatoria dos retos do Accelerator abre o 9 de xuño e pecha o 6 de outubro.

 

Grazas ao EIC poñeranse en marcha outras actividades para dar financiamento a proxectos de innovación como os Premios EIC¸ nos que destaca a categoría de mulleres innovadoras ou a innovación social. Destacan ademais os Servizos de aceleración de negocio que procuran favorecer o crecemento das empresas cunha atención personalizada.

 

Fonte: Fundación galicia Europa  

Actualizadio a 25 de maio de 2021