Data:

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026.- A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa sesión ordinaria de setembro na que os seus membros puideron participar presencialmente e de xeito telemático.
Na reunión repasáronse os encontros mantidos co Caixabank, coa Federación Galega de Dano Cerebral, co Arela Convive e coa Asociación Galega de Empresas de Xardinería, entre outras organizacións e institucións, para estudiar posibles vías de colaboración.
Tamén informouse da próxima reunión co Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureros da Administración Local (COSITAL) con quen se agarda establecer futura colaboración.
Por último tamén revisáronse os informes emitidos neste período, como o do proxecto de “Orde pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2026/27” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.






Sede Electrónica