A Presidencia da Fegamp da conta aos membros da súa Comisión Executiva da reunión que mantivo o pasado 11 de febreiro en Madrid coa secretaria de Estado de Xustiza, e na que tamén participaron os vicepresidentes da nosa Federación, en relación co mantemento dos actuais partidos xudiciais e a colaboración ou participación municipal nas funcións do Rexistro Civil. Así mesmo trasladou á Comisión Executiva o compromiso por parte dos responsables do Ministerio de Xustiza de manter, dentro das reformas legais en trámite, a vixente estrutura xudicial canto os partidos xudiciais e xulgados de paz, e que estes últimos manteñan as funcións relativas ao Rexistro Civil. No referido á posible colaboración ou participación municipal no labor do Rexistro Civil, baseándose no compromiso acadado na reunión co Ministerio, encomendouse á Dirección Xeral da Fegamp remitir unha comunicación formal á Dirección Xeral de Rexistros e Notariado do Goberno.