En novembro de 2020 e dentro do escenario da pandemia COVID-19, desde o COPG formúlase a necesidade de visibilizar e de atender a conciencia do autocoidado, como elemento imprescindible para preservar a saúde emocional da comunidade. Como profesionais da saúde, somos conscientes da importancia que o autocoidado ten no benestar das persoas. Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de coidado e velar polo benestar común.
Esta acción estase concretando a través dun ESPAZO DE COIDADO na web do COPG; nel imos presentando diferentes accións e recursos, encamiñados á consecución dos obxectivos antes mencionados.
Unha destas accións é o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un programa que consta de oito sesións, de carácter gratuíto e aberto á poboación en xeral, que se celebrarán online os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril (agás o 3 de abril) ás 11:00 horas da mañá.
Este espazo é un lugar seguro e aberto a toda a comunidade, un espazo VIVO que faremos medrar e coidaremos entre todos e todas coa intención de cultivar a semente do autocoidado dentro do noso COPG, tanto para nós como para o resto da comunidade da que formamos parte.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa Espazo Mindfulness | 337.17 KB |
Formulario Espazo Mindfulness | 73.31 KB |
Triptico autocoidado | 301.95 KB |