Circular da Femp sobre a ampliación do prazo de adhesión aos fondos de Ordenación e Impulso Económico

Data: 

mércores, 22 Xullo, 2015 (Todo o día)

A Femp informa a través dunha circular da ampliación por parte do Goberno dos prazos para que as entidades locais se adhíran ao Fondo de Ordenación e ao Fondo de Impulso Económico. Concretamente, aquelas entidades locais que non se poidan refinanciar en prudencia financeira e os concellos que estean pendentes de execución de sentenzas firmes poderán solicitar a adhesión en 2015 ao Fondo de Ordenación ata o próximo 27 de xullo. En canto ás adhesións para 2016, os concellos que se encontren en situación de risco financeiro (dacordo coa relación que se pòderá consultar previamente e que publicará a Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local), o prazo queda ampliado ata o próximo 22 de agosto.

Por último os concellos que teñan que atender a vencementos ou execución de sentenzas firmes neste ano 2015, ou que comuniquen necesidades para 2016, o prazo amplíase ata o próximo 22 de agosto.

Xuntamos a circular da Femp cos detalles da ampliación do prazo.

Descargas: