CICLO DE CONFERENCIAS: "A ECONOMÍA CIRCULAR: A PRIMEIRA REVOLUCIÓN DO SÉCULO XXI"

Data: 

luns, 17 Decembro, 2018 (Todo o día) a xoves, 20 Decembro, 2018 (Todo o día)
Cartel do ciclo de conferencias - A Economía Circular

Este Ciclo de conferencias organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) xunto coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) terá lugar os vindeiros días 17, 18, 19, 20 de decembro ás 19,00 horas, no Salón de Actos Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), sita na Rúa do Vilar, 54 - SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

Obxectivos e Destinatarios

O Ciclo ten como obxectivos definir, describir e analizar as implicacións que a Economía Circular ten a curto e medio prazo nas novas estratexias empresariais, afondando nos principios da filosofía do ciclo de vida que permita atinxir a meta última dun sistema socioeconómico de residuos “cero”.
Nesta meta compre integrar os mundos da investigación e o desenvolvemento, cunha formación de profesionais que permita afrontar con éxito os desafíos deste troco completo do sector produtivo.
O Curso vai dirixido ás empresas que queiran incorporar estas novas ideas na súa estratexia futura a curto e medio prazo e aos estudantes de Grao, Mestrado e Investigadores en Formación para fomentar o coñecemento e o emprendemento.

Inscrición

A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro ás 13:00 horas. As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.

Mais información

https://www.ragc.gal/es/actividades/economia-circular-primeira-revolucion-do-seculo-xxi

www.ceg.es

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do ciclo de conferencias405.69 KB