Data:
luns, 19 Setembro, 2022 (Todo o día) a mércores, 30 Novembro, 2022 (Todo o día)
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza no primeiro cuadrimestre 2022-2023 a través da AULA PROFESIONAL ECOADE, o ciclo de conferencias "APRENDENDO DAS EMPRESAS E DAS INSTITUCIÓNS".
Neste ciclo de conferencias destaca a charla que impartirá Dna. Ana José Varela, directora financeira da OCDE, baixo o título "Mellores políticas para unha vida mellor. A OCDE e o multilateralismo no contexto internacional". Esta terá lugar o luns 31 de outubro, ás 12:30 horas, no salón de graos. A continuación pode descargar o cartel da conferencia.
Prégase confirmación de asistencia no seguinte enderezo electrónico: ecoade.decanato@usc.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Relación de conferencias - Aprendendo das empresas e das institucións | 8.56 MB |
Conferencia: Mellores políticas para unha vida mellor | 302.3 KB |