CHARLAS INFORMATIVAS NOVIDADES NORMATIVAS AEAT GALICIA

Data: 

xoves, 11 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a mércores, 24 Xaneiro, 2018 (Todo o día)

O día 1 de xaneiro de 2018 iniciouse o prazo de presentación da declaración Resumo anual de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Personas Físicas correspondente ao exercicio 2017 (modelo 190) e doutras declaracións informativas.

A correcta cumprimentación destas declaracións en todos os seus extremos é fundamental para a tramitación dos Borradores de declaración do IRPF 2017.
Este ano hai varios cambios normativos que poden afectar á presentación da súa declaración, como as novidades introducidas por Ordes Ministeriais aprobadas no ano, en especial:

1. Nova Orde, HFP/1106/2017, que afecta ao modelo 190 e que introduce cambios nas claves e subclaves para recoller as imputacións de becas e subvencións. Tamén afecta aos modelos 171, 184 e 345, que adiantan o seu prazo de presentación. Por outra parte, os modelos 184 e 347 desaparecen da plataforma de Informativas e pasan a declararse a través de formulario. Ademáis, e no que respecta ao modelo 347, o RO 596/2016 suprimeu a obriga de presentar dito modelo para os obrigados ao subministro inmediato de información de IVA (Sil).
2. Nova Orden que afecta a varios modelos, entre os que destacamos:

Modelo 181: novos campos de información para recoller axeitadamente a información derivada das "cláusulas suelo".
Modelo 187: modificacións derivadas do cambio normativo dado aos dereitos de subscrición e para informar de fusións de fondos de inversión con sociedades de inversión de capital variable.
Modelos 188, 193 e 289: introdúcense determinadas modificacións técnicas nos deseños físicos e lóxicos.
Modelo 198: modificacións introducidas no modelo para precisar que, cando en operacións con activos financeiros e outros valores inmobiliarios interveña un intermediario, éste únicamente debe informar dos datos identificativos da entidade que levou a cabo a operación e a data na que se efectuou a mesma, información independente da que debe presentar a propia entidade que realiza a operación.
 

3. Nova Orde, HFP/105/2017, pola que se aproba o modelo 121, Comunicación de cesión de dereito, e o 122, Regularización do dereito á dedución por contribuíntes non obrigados a presentar declaración, IRPF, Deducións por familia numerosa ou por persoas con discapacidade a cargo.
4. Orde HFP/417/2017, pola que se regulan as especificacións normativas e técnicas que desenvolven a levanza dos Libros rexistro do IVA a través da Sede Electrónica da Axencia.
5. Nova Orde, HFP/816/2017, pola que se aproba o modelo 232 de declaración informativa de operacións vinculadas e de operacións e situacións relacionadas con países ou territorios calificados como paraísos fiscais.
6. En canto ao Modelo 347, deben presentalo ás comunidades de propietarios e entidades ou establecementos de carácter social e a Administracións Públicas, pola obriga de informar de subvencións, auxilios, etc., calquera que sexa o seu importe. Están obrigados os acollidos ao réxime simplificado de IVA, polas operacións con terceiras persoas, os suxeitos que realicen operacións nas que sexa de aplicación o réxime especial do criterio de caixa no IVA, así como os destinatarios de ditas operacións de consignar de forma separada as que correspondan a estas das sometidas á regra xeral de devengo do IVA.
 

Ademais, reiteramos o establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, con entrada en vigor o 2 de outubro de 2016, pola que se regula, entre outros temas, no seu artigo 14, a forma de relacionarse de forma electrónica coas Administracións Públicas e novos obrigados a NEO.
Por último, recordarlle que, como sempre, ten á súa disposición as facilidades e ferramentas que subministra a Axencia Tributaria a través do seu Portal e Sede Electrónica para a correcta presentación das declaracións informativas, e en particular de:

- Programas de axuda para confección de determinadas declaracións informativas.
- Resolución dos erros detectados nas declaracións presentadas.
- Verificación censal de contribuíntes, nova opción de Servicio Web para declarantes de informativas que permite a identificación de forma masiva dos NIFs incluídos nas declaracións a presentar.
- Consulta de NIF de terceiros a efectos censais para declarantes de informativas, que permite comprobar a corrección dos datos identificativos dos declarados mediante unha consulta dispoñible na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, aportando o NIF e apelidos e nome.

A continuación pode consultar no pdf as sesións informativas que se celebrarán nos días, horas e localidades que se sinalan, podendo elexir aquela que millor se adapte as súas circunstancias:
 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Sesións informativas716.98 KB