Data:

A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal - PEFC GALICIA, organiza unha CHARLA – COLOQUIO sobre "Entidades Responsables coa Sostibilidade Forestal", que terá lugar o vindeiro mércores 21 de novembro de 2018 no Edificio FEUGA, Campus Vida (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. 15705 Santiago de Compostela).
Neste encontro, dirixido a entidades públicas e privadas, informarase sobre a certificación forestal PEFC como garante de que os materiais e produtos que adquiren proceden de bosques xestionados de forma responsable en base a criterios de sostibilidade, sobre a importancia de dinamizar o sector forestal para dar resposta ás necesidades de diversificación dos novos mercados, e promover a través das Políticas de Contratación Pública, a contratación e compra responsable de produtos certificados PEFC establecendo un plan de compras verdes.
Prégase confirme asistencia na seguinte ligazón:
LIGAZÓN CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA
Esta Acción é gratuíta, e está financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o PEFC Galicia. Colaboran a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 540.4 KB |