Data:

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026.- A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa reunión mensual ordinaria, na que abordáronse asuntos como o consenso acadado para o borrador de protocolo para a prevención e actuación ante situacións de violencia laboral externa no SAF, o decreto aprobado polo Goberno de España que actualiza as entregas a conta aos concellos da Participàción nos Ingresos do Estado (PIE), a conmemoración do Día de Galicia 25 de Xullo 2026, e as dificultades no proceso do anteproxecto de Lei de Administración Local de Galicia.
Tamén se deu conta das reunións mantidas e das xestións realizadas sobre asuntos como a guía para a elaboración da ordenanza sobre venta ambulante e para a tramitación da posta en funcionamento de atraccións de feira, e sobre os asuntos que se emitiron informes, como o Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia e a orden para a concesión de subvencións para os programas integrados de emprego de Galicia de 2026.

Sede Electrónica