Celebrada a Comisión Executiva da FEGAMP de abril

Data: 

martes, 21 Abril, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026.- A Comisión Executiva da FEGAMP celebrou a súa reunión ordinaria de abril na que se fixo repaso ao labor desenvolto durante este último mes, destacando, entre outros asuntos, o traballo realizado sobre o Anteproxecto de Real Decreto polo que se modifica o Regulamento Xeral de Costas, as reunións mantidas coa Xunta de Galicia e a Delegación del Gobierno en Galicia, e o Informe-Observacións enviado ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico , Xunta e Federación Española de Municipios y Provincias.

Tamén abordouse a declaración institucional da FEGAMP en conmemoración do 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á xornalista Begoña Caamaño, que nestes días será presentada públicamente.