CARTA DA FEGAMP SOBRE DEREITOS DE AUTOR NO PRÉSTAMO DE LIBROS E MATERIAL AUDIOVISUAL NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS

A Federación Galega de Municipios e Pronvicias (Fegamp) enviou unha carta ás entidades locais para dar conta de que as sociedades de autores están enviando comunicacións aos concellos de máis de 5.000 habitantes e ás deputacións para informarlles de que mudou o sistema de cálculo dos dereitos de autor, pero ao tempo, que está pendente o pagamento da remuneración por eses dereitos correspondente aos anos 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013. Tras contactos coa Femp e coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a Fegamp suxírelle que os concellos non aboen ningunha desas contías reclamadas polas sociedades de autores, ata que non se fixe unha postura ou prezo común (como demanda o Goberno galego), polas dúbidas que xera esa retroactividade nas asesorías xurídicas da Fegamp, da Femp e da Xunta de Galicia.
Xúntase texto íntegro da carta.
 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon cartaalcaldesdereitosautor2.pdf101.4 KB