Carlos Fernández participa no I Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia - Norte de Portugal



O Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias participa, xunto co Presidente da Comissao da Coordenaçao e Desenvolvimento Regional do Norte, I.P., Carlos Lage e a conselleira de Política Territorial da Xunta, María José Caride, na inauguración do I Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal, a desenvolver en Vigo os días 22, 23 e 24 do presente mes de outubro.

 O alcalde de alcaldes de Galicia salientou que  Galicia e o Norte de Portugal estan a ser pioneiras no novo modelo de construción europea, e engadíu que  estan a converter a cooperación nun instrumento estratéxico de desenvolvemento compartido. Fernández salientou que os concellos e deputacións de Galicia, unidos na Fegamp, defendemos o papel de Galicia e do Norte de Portugal, como referente para outros territorios. Aspiramos a converter este espazo nun espa