Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias pon en marcha a tradicional campaña #PoloBoTrato con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres o vindeiro mércores 25 de novembro.
A Fegamp presentará os resultados do primeiro estudio “Acción dos concellos galegos pola igualdade” . Esta investigación recolle datos de todos os Centros de Información á Muller que forman a rede de asistencia municipal en Galicia e axudará a coñecer con maior profundidade este problema de difícil visibilidade social.
A enfermeira e actriz galega, Nerea Barros, gañadora dun Goya e protagonista de “La isla de las mentiras”, moderará a Xornada Fegamp “Plans de Acción Local sobre Violencia de Xénero”, unha charla-coloquio que abordará a realidade das vítimas en medio das medidas pola pandemia da COVID19, a situación dos CIMs na nosa comunidade e as políticas e novos programas de prevención, concienciación e asistencia. Este acto de carácter formativo por inscrición estará aberto a través das redes sociais da Fegamp a todo o público que poderá participar no debate final. Contará coa intervención de María Debén Alfonso, Coordinadora de Igualdade e de Violencia de Xénero da Delegación do Goberno en Galicia, Luisa Feijóo Montero, Concelleira de Ames, representante da FEGAMP no Observatorio Galego de Violencia de Xénero e membro da Comisión de Coeducación do Consello Galego das Mulleres, María Jesús Lourido Vidal, vicepresidenta de ASOCIM e directora do CIM de Outes, e Rosa Fontaíña Pazos, Fundadora da Asociación Coordinadora-Voceira Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.
Ademais do manifesto da Fegamp, as accións de concienciación inclúen:
- material de fomento pola igualdade no ámbito institucional
- material divulgativo contra o maltrato dirixido á cidadanía
- chamamento á iluminación morada dos edificios municipais do 23 ao 29 de novembro
- publicación nas redes sociais de frases célebres e decálogo pola igualdade
- difusión de iniciativas locais
- entrevista á presidenta de ASOCIM na revista da Fegamp Concellos Galegos
CRONOLOXÍA |
ACCIÓN |
13 novembro |
Difusión material concienciación |
23 novembro |
Xornada Fegamp #PoloBoTrato na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (enviarase convocatoria) |
25 novembro |
Divulgación Manifesto Fegamp #concellosgalegos #PoloBoTrato (enviarase documento) Presentación do I Estudio “Acción dos concellos galegos pola igualdade” (enviarase nota de prensa) |
23-29 novembro |
Chamamento á iluminación morada dos edificios municipais (rrss) |
16-29 novembro |
Divulgación frases célebres e decálogo Fegamp pola igualdade (en rrss) |
27 novembro |
Publicación revista Concellos Galegos |