Data:

Desde a Asociación de Tumores de Vías Biliares en España (ATUVIBI) solicitan a colaboración das entidades locais galegas na próxima campaña de sensibilización que se levará a cabo o xoves 19 de febreiro de 2026, "Día Mundial do Colangiocarcinoma", coa iluminación en verde de edificios singulares. Os tumores da vía biliar están considerados un cancro raro debido á súa baixa incidencia. En España representan tan só o 2% dos casos oncolóxicos, aínda que o seu diagnóstico está aumentando nos últimos anos. Pese a ser unha enfermedad pouco frecuente, o colangiocarcinoma intrahepático (un dos subtipos de tumores da vía biliar) é o segundo cancro de fígado máis diagnosticado do mundo, por detrás do hepatocarcinoma. Por todo elo, encantaríalles contar de novo co apoio do seu concello, para iluminar en verde algún edificio como símbolo da loita contra esta enfermidade e promover así a sensibilización acerca deste grave tipo de cancro. Coa súa colaboración, a súa entidade incluirase na Rede de cidades de apoio a esta causa, servindo de exemplo a outras cidades do país. ATUVIBI nace do esforzo combinado de persoas afectadas, familiares e profesionais da saúde, co propósito de brindar apoio e información a familias e afectados e promover a investigación desta enfermidade que, pola súa escasa visibilidade, enfréntase a grandes retos para o seu diagnóstico temprano e precisa de moita investigación para lograr tratamentos axeitados. O próximo mes de febreiro, queren dar outro paso significativo na sensibilización pública e involucrar á sociedade nesta causa, con esta acción conxunta.
Se acordan participar, ben iluminando algún edificio singular do seu concello ou con algunha acción de apoio e difusión da campaña de sensibilización, rogámoslle que contacten con eles a efectos de identificar o que se iluminará e incluir ao responsable asignado para proporcionarlle toda a información que necesiten para a difusión da campaña. A Rede de cidades de apoio de 2025 pode verse en Ilumina en verde para concienciar sobre o colanxiocarcinoma - ATUVIBI Asociación de Tumores de las Vías Biliares.
Información e contacto: iluminaenverde@atuvibi.org
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 3.51 MB | |
| 1.72 MB | |
| 386.82 KB |

Sede Electrónica