CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

O Concello de Santiago repite o vindeiro mes de novembro a campaña Compostela en Negro, que este ano amplíase co convite a todos os municipios galegos que queiran sumarse. Trátase dunha iniciativa de sensibilización co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista. Polo momento confirmaron a súa participación os 14 concellos que se relacionan a continuación: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Teo, Tui, Vilalba e Zas. 

En novembro de 2015, 300 establecementos comerciais e axentes sociais participaron tinguindo de negro as rúas e comercios da capital galega durante sete días. A Campaña tivo un alto impacto e por iso este ano amplía o seu territorio co nome En Negro Contra a Violencia, co obxectivo de poñer sobre as axendas públicas, coa maior contundencia posible, a violencia machista como un problema de toda a cidadanía.

O Concello de Santiago traslada este dossier informativo no que explican as claves da iniciativa. Os concellos interesados en sumarse deben dirixirse a:  territoriodasmulleres@santiagodecompostela.gal

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Dossier Informativo 20151.02 MB