Data:
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, co fin de fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos, pon a disposición dos concellos unha CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE durante os meses de xuño de xullo.
Esta campaña consta dunha exposición composta por 6 paneis, proxección audiovisual de contido ambiental, realización de charlas divulgativas e actividades dinámicas dirixidas ao público xuvenil e monitorizadas por un equipo de educadores ambientais, que instalarán/recollerán os paneis e atenderán as dúbidas dos visitantes. Poden consultar o dossier informativo aquí.
Se están interesados na actividade, pregamos realicen unha solicitude previa a través deste FORMULARIO antes do día 7 de xuño.
Unha vez recibida esta solicitude, poñerémonos en contacto coa persoa identificada para concretar e confirmar a actividade, así como para aclarar calquera aspecto que sexa preciso.
As solicitudes atenderanse por orde de rexistro e confirmación de datas. A primeira data dispoñible para instalar a campaña sería a partir do día 10 de xuño.
Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do correo electrónico residuos.economia.circular@xunta.gal, ou no número de teléfono 981 957 519.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
190603dossiercampanaeditinerantesogama.pdf | 755.05 KB |