O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), está a traballar na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC.
Con este motivo, puxeron en marcha o pasado ano a campaña "1 mes, 1 profesión dixital", co obxectivo de concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.
Un novo faladoiro dixital terá lugar o 21 de setembro, a partir das 9:45 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago, coa ciberseguridade como eixe.
A inscrición, é de balde, e está aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.gal e da web www.profesionsdixitais.org.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da xornada | 92.14 KB |