A boa administración e o dereito administrativo serán analizados nunha xornada na Coruña

Data: 

martes, 16 Maio, 2017 (Todo o día)

O 16 de maio celebrarase na Coruña a xornada "A boa administración e o dereito administrativo". A acción formativa vai dirixida ao persoal das administracións públicas de Galicia e dos entes do sector público autonómico, da Administración de Xustiza, das universidades galegas, xuristas, alumnos/as universitarios/as e persoas interesadas en xeral. O acto denvolverase no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

O obxectivo da iniciativa é profundar no estudo do principio e dereito á boa Administración desde unha perspectiva xeral e nalgúns sectores da actividade administrativa, con especial referencia á contratación administrativa. Máis información e matrícula nos teléfonos 981 546 239/ 981 546 241, no email  novas.egap@xunta.gal e na web da EGAP.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon programa da xornada4.61 MB
PDF icon convocatoria no DOG440.37 KB
EGAP- A Coruña-16 Maio 2017