Biodiversidade e zoonosis

A Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, en colaboración con  Teachers  for  Future, poñen en marcha unha campaña de sensibilización, dirixida a alumnos e alumnas de educación primaria, sobre a importancia de protexer a biodiversidade e promover hábitos de vida sostibles. “Biodiversidade e  Zoonosis” é o título dunha serie de materiais que inclúen 7 vídeos divulgativos e un dossier informativo con diversas temáticas e actividades para poder aprender xogando.
As temáticas dos vídeos están relacionadas con biodiversidade,  zoonosis, coidado da nosa contorna, promoción de hábitos de consumo responsables, fomento dunha mobilidade sostible, reciclaxe e a importancia de comunicar e sensibilizar sobre a sustentabilidade.

enlightenedACCEDE AOS VIDEOS E AO DOSSIER AQUÍ.