Data:
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está facendo chegar aos concellos cartas para que, os que así o decidan, den o seu visto bo nun prazo de 15 días ás liquidacións provisorias que ese departamento lles propón da débeda pendente de pagamento dos municipios co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar, no marco da disolución e liquidación desa entidade e da creación da Axencia Galega de Servizos Sociais.
Os concellos que aproben esas liquidacións provisorias (que posteriormente se convertirán en definitivas e derivarán nos correspondentes requerimentos de pagamento), poderán acollerse ao artigo 86 da Lei 12/2014, de 22 de decembro, de Medidas Fiscales a Administrativas da Xunta, que establece unha reducción do 50% da débeda pendente, co que se darán por cumpridas o total das obrigas. Tamén en virtude dese artigo da Lei, os concellos que estiveran ao corrente dos pagamentos ao Consorcio, disfrutarán dunha deducción na contribución financeira á Axencia (no convenio que asinen con ela), especificada no apartado 3 do artigo 86 da antedita Lei.
Aos efectos do cálculo das liquidacións se consideran como suxeitos a cofinanciamento polas dúas partes (Consellería e concellos), os “gastos de mantemento”, “gastos de funcionamento” e os “gastos de xestión integral”, que son os incurridos nos conceptos de "gasto corrente" (capítulos I a IV) de cada unidade.
Esa condonación e deduccións son froito do acordo acadado hai algúns meses entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta, coa súa titular, Beatriz Mato, á cabeza, e a Executiva da Fegamp, presidida por José Manuel Rey Varela.
Xuntamos documentos co texto do artigo 86 da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta e o seu texto íntegro, ao que tamén poden acceder a través do enlace: www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141230/AnuncioC3B0-261214-0003_es.html
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
artigo86-leidemedidasfiscaiseadministrativas.docx | 13.57 KB |
leidemedidasfiscaiseadministrativas.pdf | 2.34 MB |