AXUDAS RESIDUOS 2019 (PIMA RESIDUOS E PEMAR) PARA PROMOVER ACTUACIÓNS QUE PERMITAN REDUCIR AS EMISIÓNS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO (GEI). PRAZO: 20-03-2019

Data: 

luns, 4 Marzo, 2019 (Todo o día) a mércores, 20 Marzo, 2019 (Todo o día)

 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO)

Obxecto

O Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) lanza a convocatoria de Axudas Residuos 2019 (PIMA Residuos e PEMAR) para promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e avanzar na consecución dos obxectivos da Directiva 2008/98/CE de Residuos, da Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR), así como no cumprimento dos obxectivos relativos ás enerxías renovables.

Tipos de axudas

Axudas para o fomento da compostaxe:

Estas axudas están enfocadas a impulsar a implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais e a compostaxe.

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de recollida separada de biorresiduos para o seu tratamento biolóxico.

- Proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria de biorresiduos.

- Proxectos de construción de instalacións de compostaxe destinadas ao tratamento de biorresiduos.

Recollida separada de aceite de cociña usado:

Os proxectos susceptibles de financiamento son os proxectos de recollida separada de aceite de cociña usado para fabricación de biocarburante.

Proxectos de biogás:

Estas axudas están enfocadas a incentivar usos de biogás alternativos á queima en fachos ou de xeración eléctrica, así como a cambios en procesos que incrementen a xeración de biogás.

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de depuración e inxección de biogás na rede.

- Proxectos de depuración e uso en frotas de transporte.

- Proxectos de uso en motores de coxeneración.

- Proxectos de uso de biogás para produción de calor.

- Proxectos de cambio nos procesos destinados a aumentar a xeración de biogás.

Prazo

O prazo para remitir as solicitudes á Subdirección Xeral de Residuos remata o 20 de marzo.  

Máis Información

Corresponde ao MITECO a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados. Solo se aceptarán os proxectos que cumpran cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria. A orde de prioridade para o financiamento dos proxectos establécese nas mesmas bases en función da tipoloxía do proxecto e, no seu caso, a poboación de dereito en 2018.

As entidades locais deberán dirixir a súas solicitudes á Subdirección Xeral de Residuos á seguinte dirección de correo electrónico:

residuos.economia.circular@xunta.gal

https://sirga.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Web/Contidos_Sirga/Aviso/aviso_0135.html​