AXUDAS A PROXECTOS DE COOPERACIÓN INTERTERRITORIAIS E TRANSNACIONAIS DOS GALP, PARA O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DAS ZONAS DE PESCA NO MARCO DO FEMP 2014-2020, AO ABEIRO DAS EDLP. PRAZO: 31-01-2019

Data: 

sábado, 22 Decembro, 2018 (Todo o día) a xoves, 31 Xaneiro, 2019 (Todo o día)

 

Consellería do Mar

Orde do 30 de novembro de 2018 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2019 para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), tramitada como anticipado de gasto. BDNS (Identif.:): 315984.

Finalidade

O obxecto desta orde é fixar o crédito para a convocatoria de 2019, comprensiva do exercicio 2019 e plurianualidade asociada –2020–, das axudas reguladas na Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

Bases reguladoras

Orde do 3 de agosto de 2016 (DOG núm. 166, do 2 de setembro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os grupos de acción local do sector pesqueiro que reúnan os seguintes requisitos:

a) Teren sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.

b) Teren asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).

Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) tramitadas durante o exercicio do ano 2019 e a plurianualidade asociada alcanza o importe de trescentos dez mil euros (310.000,00 €), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria: 15.03.723C.780.1

Ano 2019: 250.000,00 €

Ano 2020: 60.000,00 €

Prazo 

As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.

Coas solicitudes presentadas ata o 31 de xaneiro de 2019 realízase a adxudicación de axudas.

De non esgotarse o crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderase realizar unha nova fase de adxudicación de axudas, coas solicitudes presentadas ata o 1 de xullo de cada ano, co límite do crédito dispoñible.

Descargas: