AXUDAS PARA A SELECCIÓN DE ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO (EDLP) E GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO (GALP), NO PERÍODO DE PROGRAMACIÓN DO FEMPA 2021-2027. PRAZO: 26-09-2022

Data: 

xoves, 26 Maio, 2022 (Todo o día) a luns, 26 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería do Mar

Orde do 10 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2022 para a selección de estratexias de desenvolvemento local participativo e grupos de acción local do sector pesqueiro, así como para a concesión da axuda preparatoria, no período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 en Galicia (código de procedemento PE210B). BDNS (Identif.): 627924.

Finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2022 para a selección de estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP) e grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP), que levará asociada a concesión da axuda preparatoria, no marco do período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, en Galicia.

2. O procedemento regulado nesta orde ten o código PE210B.

Beneficiarias

Persoas xurídico-privadas constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e normativa de aplicación do Estado e Comunidade Autónoma, e que carezan estatutariamente de ánimo de lucro, representen os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da zona e sen que ningún grupo de interese único controle a toma de decisións.

Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2022 alcanza o importe de douscentos mil euros (200.000 euros) na partida orzamentaria 15.03.723C.780.0, código de proxecto 202200168.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de catro (4) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: