AXUDAS PARA PROXECTOS COLECTIVOS DE MODERNIZACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS DOS PORTOS PESQUEIROS, DAS LONXAS OU ESTABLECEMENTOS AUTORIZADOS PARA A PRIMEIRA VENDA DE PRODUTOS PESQUEIROS E DOS LUGARES DE DESEMBARQUE. PRAZO: 13-02-2023

Data: 

sábado, 14 Xaneiro, 2023 (Todo o día) a luns, 13 Febreiro, 2023 (Todo o día)

 

Consellería do Mar 

Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G). BDNS (Identif.): 669395.

Finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.

Tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2023 de acordo coas bases reguladoras.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. Poderán ser beneficiarias as administracións públicas con competencias en portos para proxectos dirixidos á pesca costeira artesanal. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.

Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o ano 2023 alcanza o importe de catro millóns seiscentos mil euros (4.600.000,00 €), na seguinte anualidade e partida orzamentaria:

Partida orzamentaria Ano 2023 Total
15.03.514A.781.0 4.600.000,00 € 4.600.000,00 €

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 669395): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

 

Descargas: