Axudas para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. Prazo: 22-05-2025

Data: 

xoves, 8 Maio, 2025 (Todo o día) a xoves, 22 Maio, 2025 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da resolución, do 5 de maio de 2025, da Presidencia do Consello Superior de Deportes pola que se convocan axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais no ano 2025, para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

BDNS (Identif.): 830383

Obxecto e finalidade

Esta convocatoria de axudas está destinada á realización de obras de adecuación deportiva en instalacións deportivas relacionadas coa posterior celebración de competicións internacionais.

Beneficiarios

As corporacións locais e empresas públicas municipais que realicen ou realizasen obras en infraestruturas deportivas entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, relacionadas coa celebración posterior ás citadas obras de competicións de carácter internacional no ano 2025 ou posteriores.

Bases reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, publicada no BOE núm. 301, do 15 de decembro de 2012.

Contía

O importe máximo destinado a financiar as axudas é de 555.160 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días desde o día seguinte á publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 830383): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/830383

-No Consello Superior de Deportes.

 

 

Descargas: