AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 08-10-2021

Data: 

venres, 24 Setembro, 2021 (Todo o día) a venres, 8 Outubro, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Resolución do 16 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Formación Profesional pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de  Aula Mentor. BDNS (Identif.): 584223.

Obxecto da subvención

Axudas destinadas ao mantemento dun aula Mentor para promover accións formativas, de difusión e de promoción concretas que impulsen a formación aberta, flexible e a través de Internet para persoas adultas.

Finalidade

Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolven as aulas Mentor en activo e a sufragar parte dos gastos necesarios para a realización das devanditas actividades.

Beneficiarios

Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Todas as entidades locais deberán ter activa e en funcionamento un Aula Mentor con data anterior ao 1 de xullo de 2021, e actualizado o convenio que acredita a súa condición de entidade colaboradora no desenvolvemento do programa Aula Mentor conforme á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público para os convenios administrativos.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 120.438,00 € que se distribuirán en 30 módulos de 4.014,60 € euros cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: