AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 11-12-2020

Data: 

venres, 27 Novembro, 2020 (Todo o día) a venres, 11 Decembro, 2020 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Orde do 14 de setembro de 2020 do Ministerio de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de aula Mentor. BDNS(Identif.):534548.

Finalidade

Contribuír a financiar as actividades de formación continua, dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia, que desenvolvan as aulas Mentor de nova creación e a sufragar parte dos gastos necesarios para a súa posta en marcha e para a realización das devanditas actividades.

Beneficiarios

Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 3.000.000 € que se distribuirán en 750 módulos de 4.000,00 € euros cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: