Axudas para o desenvolvemento de actuacións en materia de saúde - RECS

Data: 

xoves, 28 Xullo, 2022 - 09:30 a venres, 16 Setembro, 2022 - 23:23

 

No marco do Convenio para o ano 2022 entre o Ministerio de Sanidade e a FEMP para a potenciación da Rede Española de Cidades Saudables (RECS) e a implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (EPSP), convócanse axudas no ano 2022 destinadas:

  • Ás Entidades Locais pertencentes á RECS que así o soliciten, poderán recibir axudas para o desenvolvemento de actuacións en materia de saúde.
  • Ás Entidades Locais, pertencentes ou non á RECS que tamén o soliciten, poderán recibir axudas para proceder á implementación a nivel local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (EPSP). 

 As actuacións desenvolvidas polas Entidades Locais que se presenten a esta convocatoria de axudas teñen que executarse con data posterior ao 20 de xullo de 2022 e estar finalizadas antes do 11 de novembro de 2022.  

enlightenedO prazo para presentar as solicitudes finaliza o día 16 de setembro de 2022. 

enlightenedProcedemento 

Deberase cumprimentar na plataforma implantada para tal efecto, un formulario dixital por cada solicitude, o cal dará automaticamente acceso aos documentos requiridos en cada caso mediante a asignación dun código. Toda a xestión do procedemento de solicitude das axudas realizarase EXCLUSIVAMENTE a través da PLATAFORMA habilitada para o efecto, á que se pode acceder na web da RECS.

enlightenedMáis información:

Para cualquera aclaración pode contactar coa Secretaría Técnica da RECS:

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Bases Reguladoras e Convocatoria559.9 KB
PDF icon Guía do solicitante1021.34 KB