AXUDAS PARA MODERNIZACIÓN DAS ESTRUTURAS DE XESTIÓN ARTÍSTICA NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS E DA MÚSICA (PRTR). PRAZO: 09-02-2022

Data: 

mércores, 29 Decembro, 2021 (Todo o día) a mércores, 9 Febreiro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Orde CUD/1448/2021, do 23 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas para modernización das estruturas de xestión artística no ámbito das artes escénicas e da música e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS(Identif.): 602458.

Obxecto e finalidade

1. É obxecto da presente orde convocar a concesión de axudas públicas a proxectos de investimento para a modernización, dixitalización e transición ecolóxica no ámbito das artes escénicas e da música.

2. A convocatoria enmárcase no investimento 1 denominada «Impulso da competitividade das industrias culturais» do Compoñente 24 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que ten por finalidade a modernización de, polo menos, 500 estruturas de xestión artística.

Beneficiarios

Teñen a consideración de entidades beneficiarias vinculadas ao ámbito das artes escénicas e da música as incluídas no artigo 5 e que se poidan enmarcar nalgunha das seguintes categorías:

a) Persoas físicas e xurídicas.

b) Asociacións sen ánimo de lucro.

c) Fundacións e entidades de carácter público ou privado.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas en que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Dada a directa vinculación das presentes axudas ao Plan de Modernización, Transformación e Resiliencia da economía española, os beneficiarios só poderán ser aqueles que teñan residencia fiscal permanente en territorio español.

Bases reguladoras

ORDE CUL/2021, do 23 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas para modernización das estruturas de xestión artística no ámbito das artes escénicas e da música e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2021 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Contía

O importe total máximo imputable á convocatoria será de 17.930.000-€.

O importe destas axudas non poderá, en ningún caso, ser de tal contía que supere o 80% do custo total do proxecto. A axuda máxima concedida a un só beneficiario non excederá en ningún caso os 350.000 euros.

Outros datos

1. Os proxectos de investimento presentados deberán destinarse ás seguintes áreas de modernización estrutural:

a) Dixitalización e modernización das estruturas.

Xeración de contidos en formatos dixitais.

Creación e/ou desenvolvemento de plataformas dixitais.

Creación e/ou desenvolvemento de ferramentas dixitais e integrais para a xestión escénica e/ou musical.

Modernización dos instrumentos dixitais de comunicación.

Ferramentas e equipamentos para a difusión en streaming.

Dixitalización de fondos documentais artísticos, administrativos.

Adquisición de equipos informáticos e dixitais para a xestión de conformidade co establecido no artigo 31.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Proxectos dixitais de creación de audiencias, procura de novos públicos, acompañamento e mediación social e difusión, entre outros.

Proxectos de soporte á creación escénica e/ou musical.

b) Transición ecolóxica e cohesión territorial.

Medidas tendentes á redución de emisión de dióxido de carbono nas estruturas de produción, xestión e creación das artes escénicas e/ou musicais.

Cambios de materiais e funxibles que favorezan a redución da pegada ecolóxica.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Ampliación de plazo:

De conformidad con el artículo 32.1 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, se amplía el plazo de presentación de las solicitudes previsto en la Orden de 23 de diciembre de 2021, cuyo extracto se publicó en el «Boletín Oficial del Estado» el día 28 de diciembre de 2022 (identificador de la Base de Datos Nacional de Subvenciones: 602458), estableciendo dicha ampliación desde el día 27 de enero hasta el día 9 de febrero de 2022, ambos inclusive.

Descargas: