Data:
O INEGA publicou no DOG nº 149 de 5 de agosto de 2021 a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Europeo, publicado no BOE núm. 89, do 14 de abril de 2021.
A que actuacións se destinan estas axudas?
Programa de incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).
Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
A quen van dirixidas estas axudas?
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia (para o Programa de incentivos 2 considerase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da comunidade autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:
1º. As persoas físicas que desenvolvan actividades económicas, polas que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2º. As persoas físicas maiores de idade, a excepción dos casos de discapacidade, que poderán ser menores de idade, con residencia fiscal en España e non incluídas no anterior punto.
3º. As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, de 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que haberán de cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en particular, co establecido no seu artigo 11.3.
4º. As persoas xurídicas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e outras entidades, con ou sen personalidade xurídica, cuxo número de identificación fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W. Tamén serán elixibles as entidades de conservación de polígonos ou sociedades agrarias de transformación cuxo NIF comece por V.
5º. As entidades locais, conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, sempre que non exerzan actividades económicas polas que ofrezan bens e servizos no mercado en cuxo caso se considerarán incluídas no anterior ordinal 4º.
Onde se presentan as solicitudes?
A solicitude de axudas presentarase a través da Sede electrónica da Xunta, procedemento IN421R.
Cal é o prazo de presentación das solicitudes?
A convocatoria estará aberta dende o 13 de setembro de 2021 ao 31 de decembro de 2023.
A onde podo dirixir as miñas consultas?
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega // Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, 5,San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500 // Email: inega.info@xunta.gal