AXUDAS PARA LABORATORIOS E INCUBADORAS DE CREACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS A CELEBRARSE EN 2022 E 2023. PRAZO: 08-03-2022

Data: 

luns, 14 Febreiro, 2022 (Todo o día) a martes, 8 Marzo, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución da Dirección Xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais pola que se convocan axudas correspondentes ao ano 2022 para laboratorios e incubadoras de creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais a celebrarse en 2022 e 2023. BDNS (Identif.): 603859.

Obxecto

Convocar, mediante réxime de concorrencia competitiva e con carácter plurianual axudas para laboratorios e incubadoras de creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais que se celebren durante os anos 2022 e 2023 en España.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias:

a) as Comunidades Autónomas e os organismos e entidades delas dependentes,

b) as entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e os organismos e entidades delas dependentes,

c) as persoas xurídicas con residencia legal ou establecemento en España no momento da percepción efectiva da axuda.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos.

Contía

A dotación orzamentaria para estas axudas é de 9.000.000 euros, imputables ao crédito dispoñible na aplicación do Programa 330A «Cultura. Mecanismo de Recuperación e Resiliencia» do Organismo Autónomo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais correspondente aos exercicios 2022 e 2023.

O importe máximo de axuda que pode concederse a cada laboratorio e incubadora de creación e desenvolvemento de proxectos é de 500.000 euros para os dous anos, 2022 e 2023.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes, acompañadas da documentación preceptiva sinalada no apartado Oitavo, iniciarase o día 14 de febreiro de 2022 e finalizará o día 8 de marzo de 2022, ás 14 horas, hora peninsular.

Descargas: