AXUDAS PARA A HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PRAZO: 21-02-2020

Data: 

mércores, 22 Xaneiro, 2020 (Todo o día) a venres, 21 Febreiro, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519B). BDNS (Identif.): 492128.

Obxecto

Mellora dos servizos e acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación, co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

Actuacións e gastos subvencionables

1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) Plantas de depuración de augas (a.1); os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, os colectores con verquido á depuradora municipal (a.2),

b) Xestión de residuos dentro do parque empresarial,

c) Infraestruturas viarias, tanto de acceso como interiores ao parque empresarial,

d) Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia dentro do parque empresarial,

e) Instalacións comúns de equipos e sistemas de protección destinados á loita contraincendios dentro do parque empresarial, incluídos no anexo I do RD 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios,

f) Instalación de sistemas contra o roubo de cable dentro do parque empresarial.

2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables tódolos gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de xustificación do investimento.

3. Non se valorarán a efectos de investimento, os gastos que se realicen en pago de taxas, licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, ni os impostos persoais sobre a renda. Así mesmo, non serán subvencionables gastos en materia de alumeado público (agás actuacións en materia de canalización incluídas en proxectos da tipoloxía 3.1.c), xardinería e mobiliario urbano.

4. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

5. Tamén son subvencionables os gastos de redacción de proxecto, de dirección de obra e os gastos do cartel informativo e da placa explicativa permanente aos que se refire o artigo 19.h. da presente orde.

6. Para ser subvencionables, as actuacións deberán estar en condicións de ser utilizadas unha vez finalizado o prazo de xustificación.

7. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

8. Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Contía

Importe total da convocatoria: 2.500.000,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 120.000,00 € para as solicitudes individuais e de 138.000,00 € para as solicitudes conxuntas.

Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: