AXUDAS PARA A CREACIÓN DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 05-11-2021

Data: 

venres, 22 Outubro, 2021 (Todo o día) a venres, 5 Novembro, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Resolución do 15 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor. BDNS ( Identif.): 590104.

Obxecto e finalidade

Apoiar a implantación do programa de formación aberta e a distancia Aula Mentor mediante a creación de novas aulas dependentes de entidades locais.

Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolvan as Aulas Mentor de nova creación e a sufragar parte dos gastos necesarios para a súa posta en marcha e para a realización das devanditas actividades por parte das entidades locais.

Beneficiarios

Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 1.308.000,00 euros, que se distribuirán en 327 módulos de 4.000,00 euros euros cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: