AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS. PRAZO: 21-01-2022

Data: 

mércores, 22 Decembro, 2021 (Todo o día) a venres, 21 Xaneiro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B). BDNS (Identif.): 599995.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT804B) destinadas ás entidades locais.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Contía

O importe asignado é de vinte e cinco mil euros (25.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte da publicación da orde.

Descargas: