AXUDAS PARA ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA. PRAZO: 16-09-2022

Data: 

xoves, 23 Decembro, 2021 (Todo o día) a venres, 16 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A). BDNS (Identif.): 600405.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT811A) destinadas ás entidades locais.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais que no seu ámbito territorial correspondente presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta mediante a súa contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin.

Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Contía

O importe asignado é de douscentos trinta mil euros (230.000 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Outros datos

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2022.

Descargas: