AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A CONCELLOS DE GALICIA. PRAZO: 28-02-2023

Data: 

mércores, 18 Xaneiro, 2023 (Todo o día) a martes, 28 Febreiro, 2023 (Todo o día)

 

Instituto de Estudos do Territorio

Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402B). BDNS (Identif.): 669169.

Obxecto

As subvencións teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos producidos tanto por edificios de titularidade municipal como por outros equipamentos e bens de titularidade municipal na súa contorna, debido ao seu inadecuado aspecto exterior, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e cos obxectivos e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia. 

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Que cumprisen coa obriga anual de remisión das contas do concello ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Contía

Destínase crédito por importe total dun millón de euros (1.000.000 €), financiado con fondos propios da Comunidade Autónoma.

O importe da subvención será:

Liña I: 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio), co límite máximo de 20.000 € por concello.

Liña II: 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio), co límite máximo de 20.000 € por concello.

Gastos subvencionables

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución en 2023. En ningún caso o custo de adquisición e execución dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:

a) A execución de obras e a adquisición de equipamentos que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.

b) Os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de arquitectura e enxeñaría. O importe total destes custos xerais non poderá superar o máximo do 10 % do investimento subvencionable.

c) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto subvencionado. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes poderanse presentar desde as 12 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 28 de febreiro de 2023.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 669169): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index

-No Instituto de Estudos do Territorio.

 

 

Descargas: