AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA O INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS (PDR DE GALICIA 2014-2020). PRAZO: 07-04-2022

Data: 

venres, 25 Febreiro, 2022 (Todo o día) a xoves, 7 Abril, 2022 (Todo o día)

 

Consellería do Medio Rural 

Orde do 31 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605A). BDNS (identif.): 610155.

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605A), e convocalas para o ano 2022, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3, axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible (como son rozas, desmestas, rareos e podas), coa finalidade de prevención de incendios, e as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e especificamente en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) nas provincias da Coruña e Lugo.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c, 21.1.d, 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión, C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021.

 - Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 17 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Beneficiarios

1. Serán beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, sen que se admita a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1. Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), tamén poderán ser beneficiarias as fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Importe

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2022 e 2023, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209, por un importe de 9.000.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 900.000 € no ano 2022.

– 8.100.000 € no ano 2023.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 381.000 € para o ano 2022, 3.429.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 450.000 € para o ano 2022, 4.050.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras): 49.000 € para o ano 2022, 441.000 € para o ano 2023. A dotación orzamentaria correspondente ao ano 2022 resérvase exclusivamente no caso en que a Resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación autorice o adianto do período de aplicación correspondente á campaña do 2023 a finais do ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros): 20.000 € para o ano 2022, 180.000 € para o ano 2023.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210, por un importe de 4.000.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 400.000 € no ano 2022.

– 3.600.000 € no ano 2023.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 200.000 € para o ano 2022, 1.800.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos): 200.000 € para o ano 2022, 1.800.000 € para o ano 2023.

c) 14.03.713B.760.0.2016 00209, só para entidades locais por un importe de 72.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 10.000 € no ano 2022.

– 62.000 € no ano 2023.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 2.778 € para o ano 2022, 17.222 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 4.444 € para o ano 2022, 27.556 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras): 1.389 € para o ano 2022, 8.611 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros): 1.389 € para o ano 2022, 8.611 € para o ano 2023.

d) 14.03.760.0.2016 00210, só para entidades locais por un importe de 48.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 20.000 € no ano 2022.

– 28.000 € no ano 2023.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 10.000 € para o ano 2022, 14.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos): 10.000 € para o ano 2022, 14.000 € para o ano 2023.

2. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido na letra a) do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente en medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: