AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN E PRESERVACIÓN DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO E A SÚA DIFUSIÓN MEDIANTE REPOSITORIOS. PRAZO: 30-06-2021

Data: 

xoves, 10 Xuño, 2021 (Todo o día) a mércores, 30 Xuño, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Orde do 24 de marzo de 2021, do Ministro de Cultura e Deporte, pola que se convocan axudas á dixitalización e preservación do Patrimonio Bibliográfico e a súa difusión mediante repositorios. BDNS (Identif.): 567961.

Obxecto

Axudas a proxectos de dixitalización de bens que formen parte do Patrimonio Bibliográfico, conforme ao establecido no artigo 50.1 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, ou que gocen dun especial interese bibliográfico. Estes bens han de estar no dominio público ou, no seu caso, as entidades solicitantes das axudas han de posuír os dereitos de explotación necesarios sobre os mesmos, de acordo co Real Decreto 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

A finalidade perseguida é a creación de recursos dixitais mediante a dixitalización, así como a asignación de datos e metadatos que codifiquen as súas descricións e permitan a súa carga nun repositorio OAI- PMH, e a súa posterior agregación no recolector «Hispana» do Ministerio de Cultura e Deporte e en « Europeana».

Beneficiarios

Comunidades autónomas e organismos e entidades con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes delas, así como universidades públicas españolas.

Entidades locais españolas e organismos e entidades con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes delas.

Entidades privadas sen fins de lucro de nacionalidade española e reais academias.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos.

Importe

O importe máximo imputable ás subvencións será de 555.000 €. As axudas concedidas sufragaranse con cargo aos créditos das aplicacións 24.03.332B.454.02 (CCAA e universidades públicas 355.000 €), 24.03.332B.463 (Entidades locais 100.000 €) e 24.03.332B.480 (Entidades privadas sen fins de lucro e reais academias 100.000 €) do orzamento de gastos do Ministerio de Cultura e Deporte para 2019.

Cada entidade solicitante só poderá presentar unha solicitude e a contía da axuda solicitada deberá ser inferior a 60.000 euros.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: